Rio Folón, O Rosal - Pontevedra

Rio Folón, O Rosal - Pontevedra

Mensaxepor FcoRL » 16 Xul 2009 22:15

Fai uns dias tiven a oportunidade de acercarme a este pequeno pero vigoroso río xunto coa miña familia. Unha visita 'sorpresa' de ahí que as fotos fosen sacadas coa cámara do telefono.

Imaxe

No concello do Rosal (Pontevedra), a beira do Miño e lindando tamen co concello da Guarda atópase esta paraxe digna de ser visitada.

As fortes choivas recentes seguro que son a causa da abundante presencia de auga nos caneiros. A xuntanza tanto coa boa temperatura coma coa intensa luminosidade proporciona unha explendida combinación para a visualizacion do entorno.

Unha ruta circular de sendeirismo facilita o recorrido. A mesma pensouse para acceder os muiños coñecidos como do Folón-Picón. O conxunto deles (mais de 50) foi considerado pola Xunta de Galicia como Ben de Interese Cultural (Decreto 27/1998, de 22 de xaneiro), con categoría de lugar de interese etnográfico.

Imaxe

A ruta está correctamente sinalizada. Contrariamente ao que se indica coma orde natural da mesma, aconsello o inicio polos muiños do Picón, xa que é a parte menos agradable. Iso si, partindo da parte mais baixa, o carón do muiño nº1. Despois dos primeiros 15 minutos todo empezarán a ser sorpresas agradables: os primeiros muiños, os caneiros cheos de auga, o ascenso polo monte cando ainda estamos pletóricos de forza. Despois chegase os muiños do Folón pola parte alta, cunha repentina vista do conxunto. Antes de baixar é obligatorio o pequeno desvío o mirador sobre o estiario do Miño.

A baixada faise moi agradable e tamen o tramo final, xa no chao, sempre con muiños e moita auga cerca. Incluso hai dous atallos que facilitarían o camiño se as forzas andivesen escasas.

Imaxe

Nos fixemolo con dous nenos (un de 6 e outro de case 3 anos) e levounos 3 horas e media, que non e pouco nin e moito, tendo en conta que o pequeno empezou o camiño no colo durmindo a sua sesta e despois fixo todo o ascenso as calabeirogas, o que provocou os descansos oportunos, amén da visita a todolos muiños abertos a ver donde atopabamos unha pedra de moer (que non é fácil).

Os carteis de sinalización aparentemente foron foron feitos en duas veces, unha marcando a "ruta" e outra marcando o "sendeiro" (un despropósito). Podense apreciar erros nos mesmos o que non é tampouco moi entendibel: ¿non se detectan estes erros e non poden ser correxidos por que nos fixo mal? ¿ou é que non os lé ninguen?

Visita recomendable. Ánimo.

Imaxe
--------------------------
Escrito por Fco
Tamen son o Webmaster, mentras non teñamos outro millor.
Avatar de Usuario
FcoRL
Afluente
Afluente
 
Mensaxes: 15
Rexistrado: 04 Set 2008 23:56

Re: Rio Folón, O Rosal - Pontevedra

Mensaxepor fcouser » 08 Xul 2010 23:28

excelente lugar, un poco falto de agua estos dias, aunque aún quedan zonas como esta...

agua.jpg
un remanso
fcouser
Naciente
Naciente
 
Mensaxes: 1
Rexistrado: 11 Set 2008 22:43


Volver a Rios

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron