Miñor

Miñor

Mensaxepor FcoRL » 15 Mai 2009 16:36

O río Miñor confórmase por tres afluentes principais, o Río Morgadáns que
baixa do Matalagartos entre Peitieiros e Morgadáns, amais doutros
afluentes menores, o río Zamáns que baixa do Galiñeiro por Zamáns e a
Fraga e o río das Rasas que baixa tamén do Matalagartos por Couso. As
baixantes son bastante abruptas, sobre todo as do Morgadáns, xuntándose os
tres en Gondomar que supón o tramo medio máis chan do río, un tramo curto
e máis ancho que discurre polo val ata a influenza da maré na Foz da
Ramallosa.

Arriba da ponte do Beco, empezando a subir a Peitieiros, hai unha
fervenza, na Torre, que seguramente impide a subida de moitos peixes e
arriba da ponte de Morgadáns, entre Petieiros e Morgadáns, hai outra
tremenda fervenza que impide o paso totalmente das troitas cara á montaña.
No Zamáns hai troitas río arriba, mais as lampreas seguramente só atoparán
seguramente un hábitat adecuado para a posta arriba da ponte de Mañufe ata
o pé da fervenza da Torre que non ten ningunha influenza da maré. O malo é
que as lamrpeas precisan dunhas características determinadas de substrato
para facer a posta e case non teñen sistios así debido a grande cantidade
de áridos finos arrastrados polo río debido aos lumes, obras, etc.

O río no seu conxunto é un bo río, moi curto e cunhas cabeceiras moi
pronunciadas e oscilantes que secan a maioría no verán. O seu estado é
diverso, hai zonas que están relativamente ben e outras moi mal. Hai zonas
moi afectadas como a presa de Zamáns e o paso do Zamáns pola Pasaxe, as
verteduras incontroladas, os depósitos de áridos da canteira en Murxido,
os plásticos e lavadoras en calquera lugar...., o paso por zonas habitadas
é un desastre, con canalizacións e mesmo entubamentos que fan desaparecer
os regos, con desvíos de regos naturais, com usurpación das zonas
piscícolas e de paso, etc, mais hai zonas que están bastante ben, e sobre
todo con relativa tranquilidade para os peixes, se lles deixan.

Está claro que a limpeza é un lavado de cara, xa dixen que hai moito por
facer, mais é un lavado necesario para que algunhas persoas poidan
apreciar e outros poidamos promocionar, un sentemento de protección cara
ao río. Se non o vemos é peor. Está claro que o que podía pasar é que
ninguén vira as lampreas, como ata o de agora, e viviran baixo a nosa
ignorancia, mais como as viron, pois xa non ten sentido ocultalas, agora o
que interesa é que se vexan e divulgar esta situación para que cada veciñ@
se volva gardián do río e impida o seu espolio, na medida das súas
posibilidades. Poida que sexa un bo argumento para a promoción da súa
conservación. Afortunadamente os pescadores só saben do río o que sacan no
o que ten.

miñor.jpg
Rio Miñor
miñor.jpg (54.68 KiB) Visto 2086 veces


Non estaría mal ir facendo un catálogo de desastres ben documentado para
poder realizar propostas concretas de rectificación e restauración. Por
exemplo, hai zonas onde arrincaron os amieiros e os salgueros e a beira
vaise polo río, habería que restituir esa vexetación, facer a franxa de
ribeira máis ancha, non só unha fileira de árbores senón de 5 metros,
renovala pois moitas árbores son moi vellas. Deste xeito poderíase facer
un viveiro e un equipo de voluntariado para colaborar neses labores,
acompasando así um labor de educación ambiental, é unha primeira medida.

Un saúdo

Alfredo

Reproducido con licencia do autor dende o foro http://br.groups.yahoo.com/group/novo_gondomar/message/1134
Imaxe propia
--------------------------
Escrito por Fco
Tamen son o Webmaster, mentras non teñamos outro millor.
Avatar de Usuario
FcoRL
Afluente
Afluente
 
Mensaxes: 15
Rexistrado: 04 Set 2008 23:56

Volver a Rios

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron